
As II Xornadas Culturais chegan este venres 21 de Decembro ao seu fin,con un acto de concienciación ecolóxica e con unha finalidade informativa so-bre un tema que está na mesa de debate dos políticos, asociacións ecoloxistas, e todos organismos gubernamentais, que asemellan darse conta a-gora das repercusións que está a sufrir o planeta, debido a este ritmo salva-xe de sobreexplotación que estamos a causarlle.O cambio climático é un fenómeno do cal xa non podemos falar en futuro,é algo que xa está aquí, xa escomenzamos a sentir os primeiros síntomas etomar as medidas para paliar os seus efectos i evitar que vaian a máis debeser o obxetivo prioritario.Este venres, Fins Eirexas, Secretario Executivo de Adega achegarase ataa Taberna Ultreia,onde proxectaremos un Documental de aproximadamente 20 minutos titulado "O Cambio climático;o reto do século XXI" realizado por unha productora galega;dito documental está feito en base a datos proporcionados por prestixiosos científicos galegos.Tra-la proxección do-cumental, haberá unha charla-coloquio onde Fins expoñerá os seus coñe-cementos sobre o tema i estimulará un coloquio;moitos son os sectores aosque dirixirá as súas verbas e dos que intentará recabar información para seguir profundizando no estudo e observación do fenómeno do cambio cli-mático:aparición de novas especies, desaparición de outras, falo da pesca,loxicamente;ao mesmo tempo, cambios evidentes no tempo das colleitas,etc.Con este acto que se levará a cabo a partires das 19:30 horas clausúranseas II Xornadas da Taberna Ultreia, esperamos a vosa asistencia e agrade-mos de antemán o voso interese mostrado nos anteriores actos.Foi un verdadeiro pracer compartir con todos estas inquedanzas un ano máis.Lóxicamente, isto non remata aquí, haberá máis cousas , pero xa noutro marco diferente ás Xornadas.Unha aperta calurosa dende a Taberna Ultreia e Bo Nadal.


