
A dirección Xeral de Patrimonio da Xunta ven de adxudicar o proxecto de restauración da igrexa Santa Maria das Areas a empresa ourensana Mascareñas e Hijos.
O proxecto ten previsto comenzar nos vindeiros días e consta da restauración da fachada e carpinteira do edificio, recuperación do adro e recuperación do exterior, este proxecto estaba encadrado dentro das obras para que nos otorgaran a condición de patrimonio europeo.
Cabe recordar que a igrexa de Santa Maria das Areas foi construida a finais do século XII sendo de estilo gótico tardío pero conserva numerosos detalles románicos. Diante da porta principal conservase os arcos do antigo hospital medieval dos peregrinos. Dentro da igrexa destaca a capela do Cristo de estilo barroco construida no 1695 e a renacentista da Virxe do Carmen do século XVI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario