Fin de semana favorable en futbol sala e futbol, colleitando 4 victorias, 1 empate e 1 derrota.
O lado positivo puxerono os maiores do futbol gañando a Esteirana por 6 goles a 0 con hattricks de Manuel e Mane, a anecdota simpatica do partido poñiá Manuel cando despois de marcar o primeiro gol saca a camiseta e ensina a camiseta do barcelona có número e nome de Henry, o cal custoulle unha tarxeta amarilla. Con este resultado os maiores situanse no undécimo posto con 25 puntos a 9 do descenso e a 20 do ascenso.
Positivo tamen foi o resultado dos cadetes do futbol que conseguiron gañar ó Coristanco o sábado pola mañan por 4 goles a 1, con este resultado os cadetes entrenados por Lolo situanse na novena posición a 18 puntos do primeiro.
No futbol sala o positivo foi a victoria do Playa da Serra por 4 goles a 3 diante da Pontenova, nun dificil encontro no que destacou Dudo con 3 goles, con este resultado o Playa da Serra situase na quinta posición con 28 puntos a 12 puntos do lider e a 16 do descenso.
Os Xuvenis do futbol sala, o Bodegon Anchoa, gañaron por 9 goles a 2 ó Concello de Paderne, con este resultado situanse na décima posición con 19 puntos a 23 puntos do lider e a 19 puntos do último.
O lado negativo foi o resultado dos Xuvenis do futbol que empataron a 3 contra o Prodemar na casa, despois de ir gañando por 3 goles a 1, a mala sorte foi a culpable do empate xa que os xogadores do Fisterra unha vez rematado o partido lamentabanse do resultado, mentras que os de Carnota marchaban contentos para o vestuario, con este resultado os Fisterrans situanse na sexta posición con 23 puntos a 13 do lider Santa Comba cun partido menos.
Outro resultado negativo foi o resultado dos cadetes do futbol sala, o Bar Rombos, perdendo contra o Burela por 7 goles a 2, con este resultado os cadetes situanse na duodecima posición con 4 puntos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario