lunes, 18 de febrero de 2008

Resultados da fin de semana

Mal fin de semana en canto as competicions deportivas, o saldo foi unha victoria e 4 derrotas.

A nota positiva conseguirona os maiores do futbol o gañar a domicilio no campo do buño por 1 a 2, gracias a este resultado ascendese ó terceiro posto.

As notas negativas puxeronas o Playa da Serra ó perder na casa contra o Bueu por 4-5, cunha actuación arbitral un tanto peculiar pero que non é desculpa para tirarlle algun obxeto ós colexiados, cousa que ocurriu e que dende aqui lamentamos, esperemos que por culpa dunha persoa non paguemos todos o non poder ver ó equipo xogar na casa dentro de 15 días.

Os xuvenis do futbol perderon en Santa Comba por 6 goles a 1, con este resultado e despois de rematada a liga quedaron nun meritorio 4º posto, esperando que comeze a copa na cal enfrentarase ós campions do grupo norte, o Baio.

Os cadetes do futbol sala perderon na casa por 8 goles a 10, esta temporada do debut estan a coller experiencia para proximos anos.

Os cadetes do futbol perderon na casa do Muros por 4 goles a 1, o mesmo cos de futbol sala estanse a formar.

Esperemos que para a semana podamos contar as victorias de todalas categorias.

1 comentario:

Anónimo dijo...

É unha pena que os maiores do Fisterra non comezaran antes esta racha.. En canto os xuvenís espero que fagan unha boa copa.. Personalmente penso que os de fútbol sala están a realizar unha gran campaña e están a ilusionar a moita xente..