Xa é oficial, segundo publicou a Xunta no doga do Xoves 28 de Febreiro, no ultimo censo o número de habitantes de Fisterra é de 4971, có cal baixarán as subvencións e número de concellais se non superamos os 5000 habitantes nas próximas eleccións municipais.
¿Que farias para que a xente non marchara para fora?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Hai que incentivar o feito de que a xente veña a vivir ao pobo, que se cense en Fisterra, pero para elo, ten que haber unha oferta laboral, cousa que vexo, case imposible, e, ao mesmo tempo, ir acompañada , dunhas facilidades no acceso á vivenda, de tipo protección oficial, ou algo semellante;todo isto, de todas formas, asemella, moi dificil, pois Fisterra, xa para os que somos, está moi difícil;outro xeito, e creo que xa se plantexou algo ao respecto, é pequenos incentivos por nacemento de nenos, axudas para escolarización destos, a creación dunha gardería dunha vez por todas, e unha serie de apoios para que os futuros pais non vexan tan dificil o feito de animarse a ter fillos, pero polo que parece , os que nos gobernan non teñen o mínimo interese en facer algo ao respecto;eso que gozan có apoio da maioría absoluta;como se soe dicir,¿temos o que merecemos?
Publicar un comentario