O venres 11 de xuño ás 17:00h, no faro de Fisterra terá lugar un homenaxe ao petroleiro "Bonifaz", afundido a 9 millas ao oeste do cabo Fisterra o 3 de xullo do 1964.
O día 3 de xullo de 1964, o petroleiro español da compañía cántabra Naviera Castilla “Bonifaz” afundía a poucas millas do cabo Fisterra logo de ser abordado no medio dunha mesta néboa polo tamén petroleiro francés “Fabiola” deixando a cifra de 25 vidas perdidas entre mortos e desaparecidos, catro deles veciños da vila de Muros.
Logo do rebumbio inicial por tan grande traxedia que deixou un grande número de viúvas e orfos principalmente na comunidade cántabra , foise apagando pouco a pouco a memoria da traxedia hasta case chegar o esquecemento. Tan so na memoria dos familiares continuou presente o dor e a lembranza dos seres queridos.
Foi tan grande e grave o abandono pola parte das autoridades da época , e tan grande a desinformacion , que incluso os familiares non coñecían o lugar exacto onde descansan os restos do Bonifaz que serven de munomento funerario dos seus. Tan so tiñan unha vaga idea de que foi nos arredores de Fisterra.
Fuente: http://www.lacoctelera.com/homesdepedraenbarcosdepau
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada